logo2logo1

Transferencia de ferramentas para a Avaliación, Ordenación, Xestión e Educación Ambiental en Esteiros

O proxecto TEAM-Miño, liderado pola Universidade de Vigo, reúne socios científicos e das administracións hidráulicas das dúas beiras do río Miño co fin de desenvolver ferramentas comúns para a implementación coordinada da Directiva Marco da Auga no seu esteiro. Ao mesmo tempo, o proxecto pretende potenciar a participación cidadá na xestión e conservación dos ecosistemas acuáticos.

O espírito de TEAM-Miño resúmese en dúas ideas esenciais:

Dúas ribeiras un único esteiro. A conservación e xestión dos ecosistemas acuáticos é responsabilidade de toda a comunidade sen atender a fronteiras políticas. O río Miño precisa da cooperación entre España e Portugal a todos os niveis para alcanzar o obxectivo común de conservación e uso sostible do medio natural.

Cambia adversidade por biodiversidade. A implicación da sociedade na conservación dos ecosistemas acuáticos é fundamental. Esta mensaxe transmitirase a través da actividade 4 na que se desenvolverán actividades de educación ambiental. TEAM-Miño recórdalle á sociedade que o noso comportamento cara ao esteiro se reflicte no seu estado de conservación.

foto1